Crónica do Acto de Podemos en Pontevedra: Un Clamor contra o Control das Elites
Hoxe, na Alameda de Pontevedra, o candidato vigués de Podemos ás Eleccións ao Parlamento Europeo, Óscar Lomba, ofreceu unhas verbas apaixonadas e críticas sobre as limitacións da democracia en España. Ante unha audiencia dunha morea de persoas, Lomba denunciou o secuestro da democracia por parte das elites económicas e políticas, centrándose na hexemonía cultural e o control mediático.
As súas palabras comezaron cunha reflexión sobre a verdadeira esencia da democracia, que segundo Lomba debería ser «goberno do pobo, polo pobo e para o pobo». Porén, advertiu que en realidade vivimos nunca democracia secuestrada, unha fachada que oculta o verdadeiro control exercido por unha pequena minoría.
Lomba citou a Antonio Gramsci para explicar como as elites utilizan a hexemonía cultural para manter o seu poder, controlando non só os aparellos do Estado, senón tamén as ideas e valores prevalentes na sociedade. Salientou o papel esencial dos medios de comunicación neste proceso, mencionando especificamente a conglomerados como Atresmedia e Mediaset, e acusou aos seus propietarios de ter intereses económicos e políticos que distorsionan a narrativa pública.
O candidato de Podemos denunciou a falta de independencia da xustiza española, argumentando que os altos tribunais e o Consello Xeral do Poder Xudicial están dominados por nomeamentos políticos. Este control, dixo, permite ás elites bloquear ou promover decisións que afectan a toda a cidadanía, perpetuando un sistema desigual.
Tamén criticou o poder económico desproporcionado das grandes corporacións e o sector financeiro, sinalando as políticas de austeridade e os rescates bancarios como exemplos de como os intereses duns poucos prevalecen sobre o ben común. Lomba salientou a precarización do traballo e a crecente desigualdade como síntomas dun sistema deseñado para beneficiar ás elites e a oligarquía.
No ámbito do exercito e as forzas e corpos de seguridade do Estado, Lomba mencionou a tendencia das forzas armadas e de seguridade a protexer os intereses das elites, citando casos de represión de movementos sociais e criminalización da protesta. Lembrou os comentarios do ex-xeneral Francisco Beca como un exemplo da hostilidade de sectores reaccionarios cara a calquera intento de cambio.
Ademais, Lomba falou do programa de Podemos ás Eleccións Europeas 2024 en relación á manipulación informativa. Entre as medidas presentadas, subliñou a necesidade de limitar a concentración do poder mediático, propoñendo que bancos e fondos voitre só poidan alcanzar un 10% da propiedade dos medios de comunicación. Esta iniciativa ten como obxectivo asegurar que os grandes poderes financeiros non poidan controlar a comunicación e a formación da opinión pública. Tamén se propuxo a creación dun Observatorio Europeo da Desinformación para combater os bulos e as noticias falsas, así como unha rede social pública europea baixo control democrático que ofreza unha alternativa ás redes sociais privadas. A creación dunha radiotelevisión pública europea foi outra das medidas salientadas, cunha xestión independente e transparente para promover unha identidade compartida baseada nos valores da UE.
O acto concluíu cun intenso debate entre os asistentes, que expresaron a súa preocupación e apoio ás propostas de Lomba. O candidato insistiu na necesidade dunha cidadanía activa e comprometida para lograr unha verdadeira democracia, chamando á organización e mobilización social.
A xornada na Alameda de Pontevedra deixou patente a urxencia dun cambio profundo no sistema democrático e o papel fundamental da sociedade civil e Podemos neste proceso.
————————————————————————————————————————————————
Resumo da Intervención de Óscar Lomba:
Boa tarde a todas e todos,
A democracia, na súa esencia máis pura, debería ser o goberno do pobo, polo pobo e para o pobo. Porén, o que vemos na realidade cotiá é unha democracia secuestrada, unha fachada que oculta o verdadeiro control exercido por unha pequena minoría. Este é un problema que atravesa as nosas sociedades, tanto en España como no resto de Europa, e que debemos abordar con valentía e claridade.
Para entender como chegamos a esta situación, debemos ollar á historia e aos fundamentos filosóficos e teóricos que nos permiten desenmascarar o poder oculto das elites. Antonio Gramsci ensinounos que o poder non se sostén unicamente pola forza bruta, senón que tamén opera a hexemonía cultural. As elites dominantes non só controlan os aparellos do Estado, senón tamén as ideas e valores que prevalecen na sociedade. Logran que os seus propios intereses sexan percibidos como os intereses da maioria social, e que o seu dominio sexa percibido como natural e inevitable.
Gramsci falaba da «hexemonía cultural» como a capacidade das clases dominantes para facer que os seus valores e normas sexan aceptados pola maioría como o sentido común. Esta hexemonía exércese a través de institucións como a educación, a relixión, a cultura dominante e, especialmente, os medios de comunicación. En España, como en moitos outros lugares, os medios de comunicación están concentrados en mans dunhas poucas corporacións que responden aos intereses das elites económicas. Esta concentración de medios asegura que as narrativas dominantes reforcen o statu quo e dificulten calquera desafío serio ao seu poder.
Cando observamos os medios de comunicación en España, atopamos un claro exemplo desta dinámica. Grandes conglomerados mediáticos como Atresmedia e Mediaset dominan a paisaxe informativa e de lecer, e os seus propietarios teñen intereses económicos e políticos que van moito máis alá do simple negocio da información. Isto non é unha cuestión de teoría conspirativa; é unha realidade palpable. Os directores destes medios relaciónanse estreitamente cos grandes poderes económicos e políticos, e isto reflíctese na liña editorial das súas noticias e programas.
Non é casualidade que as voces críticas co poder establecido teñan tan pouca presenza nos grandes medios. As plataformas que deberían servir para a expresión libre e pluralista de ideas convértense en ferramentas de propaganda para manter o poder en mans duns poucos, dunha elite. A manipulación da información, a difusión de trolas e a criminalización da disidencia son prácticas comúns que vemos repetirse unha e outra vez.
Un caso paradigmático deste control mediático é o de Antonio García Ferreras, director da Sexta. Os audios filtrados nos que conspira co comisario Villarejo e outros personaxes escuros da armazón de poder en España mostran como se urden campañas para desacreditar a adversarios políticos e manter o control sobre a narrativa pública. A existencia mesma destas conspiracións pon en dúbida a independencia dos medios e a integridade do sistema democrático.
Porén o poder das elites non se limita aos medios de comunicación. Tamén se estende á xudicatura, outro piar fundamental da nosa sociedade. A independencia xudicial é un principio básico en calquera democracia, porén en España, esta independencia está gravemente comprometida. Os altos tribunais e o Consello Xeral do Poder Xudicial están dominados por nomeamentos politicos que responden a intereses partidistas e económicos. A xustiza, que debería ser cega e imparcial, convértese así nun instrumento máis ao servizo das elites.
A batalla polo control do Consello Xeral do Poder Xudicial é un exemplo claro de como a dereita entendeu a importancia deste órgano para manter o seu poder. Controlar a xudicatura significa ter a capacidade de bloquear ou promover leis e decisións que afectan profundamente á vida dos cidadáns. Significa, en última instancia, ter o poder de decidir sobre cuestións fundamentais como os dereitos laborais, a igualdade de xénero, a xustiza fiscal e moitos outros temas que determinan o benestar da maioría.
Outra dimensión crucial do control das elites é o poder económico. As grandes corporacións e os sectores financeiros teñen unha influencia desproporcionada na política e a economía. A crise económica de 2008 e a posterior xestión da mesma demostraron claramente como os intereses duns poucos poden prevalecer sobre o ben común. Os rescates bancarios, a austeridade e os recortes sociais foron políticas deseñadas para protexer aos ricos a expensas da maioría. A socialización das perdas e a privatización das ganancias convertéronse nunha norma na nosa economía.
Esta dinámica reflíctese tamén no ámbito laboral. A precarización do traballo, a erosión dos dereitos laborais e a crecente desigualdade son síntomas dun sistema deseñado para beneficiar a uns poucos, para favorecer aos poderosos e a oligarquía. As reformas laborais impostas polos gobernos de quenda, baixo a presión de organismos internacionais e poderes económicos, debilitaron a posición da clase traballadora e fortaleceron ao empresariado e aos banqueiros. O resultado é unha sociedade cada vez máis desigual, onde a riqueza concéntrase en mans duns poucos mentres a maioría loita por chegar a fin de mes.
Neste contexto, o papel das forzas de seguridade e o exército non pode ser subestimado. Estas institucións, que deberían servir ao pobo, con frecuencia convértense en gardiáns da orde establecida. Os militares, a policía e demais corpos e forzas de seguridade do estado serven aos intereses das elites. A represión de movementos sociais e a criminalización da protesta son tácticas utilizadas para manter o control e disuadir calquera desafío ao poder desas elites. A historia está chea de exemplos de como as forzas armadas e de seguridade foron utilizadas para reprimir ás maiorías en beneficio dunha minoría.
En España, vimos como os sectores máis reaccionarios do exército posicionáronse claramente en contra de calquera intento de cambio. Teño na miña memoria aquelas novas aparecidas nos medios de comuncación nas que Francisco Beca, ex-xeneral do exécito do aire enviaba a un chat de whatApp unhas mensaxes nas que dicia que “non queda máis remedio que empezar a fusilar a 26 millóns de fillos de puta [referíndose aos sectores da esquerda]”.
Porén non todo está perdido. A historia tamén nos ensina que as elites non son invencibles. Os movementos sociais, as loitas sindicais, as organizacións de base e os partidos políticos comprometidos coa xustiza social demostraron unha e outra vez que é posible desafiar e transformar o poder establecido. A clave é a organización, a mobilización e a creación de alternativas viables e atractivas para a maioría da poboación.
En Podemos, tentamos ser esa alternativa. Denunciamos a corrupción, loitamos polos dereitos sociais e propuxemos políticas para redistribuír a riqueza e democratizar o poder. Pero sabemos que non podemos facelo sós. Necesitamos unha cidadanía activa e comprometida, disposta a participar na construción dunha sociedade máis xusta e democrática.
A educación e a concienciación son ferramentas fundamentais nesta loita. Necesitamos un sistema educativo que fomente o pensamento crítico, a participación cidadá e o compromiso coa xustiza social. Necesitamos medios de comunicación independentes que informen de maneira veraz e plural. E necesitamos unha sociedade civil forte e organizada, capaz de presionar aos poderes establecidos e de promover o cambio desde a base.
A loita pola democracia real é unha loita pola dignidade humana. É unha loita por un futuro onde todos teñan a oportunidade de vivir unha vida plena e digna. É unha loita por un mundo onde o poder non estea concentrado en mans duns poucos, senón distribuído equitativamente entre todas e todos. É unha loita por unha sociedade onde a xustiza, a igualdade e a sustentabilidade sexan os principios reitores.
Hoxe máis que nunca, necesitamos lembrar as palabras de Antonio Gramsci: «O vello mundo morre. O novo tarda en aparecer. E nese claroscuro xorden os monstros.» Vivimos en tempos de incerteza e cambio, pero tamén de oportunidade. Podemos deixar que os monstros do pasado continúen dominando, ou podemos construír xuntos un novo mundo.
O poder das elites non é inmutable. Pode ser desafiado e transformado. Pero para facelo, necesitamos ser valentes, necesitamos estar organizados e necesitamos estar comprometidos coa loita pola xustiza e a democracia. Necesitamos ser conscientes das forzas que enfrontamos e estar dispostos a confrontalas en todas as frontes: nos medios de comunicación, nas institucións do Estado, na economía e na sociedade.
A democracia real é posible, pero non é algo que se nos dará de balde, non é un agasallo. É algo que debemos construír xuntas, día a día, con esforzo, compromiso e solidariedade. É unha loita que paga a pena, porque nela está en xogo o noso futuro e o futuro das próximas xeracións.
Non podemos permitir que as elites continúen ditando o noso destino. Non podemos aceptar que uns poucos decidan pola maioría. Debemos tomar as rendas do noso propio destino e construírmos unha sociedade máis xusta, máis igualitaria e máis democrática.
Xuntas, podemos facer a diferenza. Xuntas, podemos construír unha democracia real. Xuntas, podemos transformar Galicia, España e Europa.
Moitas grazas polo voso compromiso e o voso apoio. Adiante con Podemos! Adiante cara a unha democracia verdadeira en Europa!
Pablo Fernández de candidato número 3 de Podemos ás Elección Europeas 2024 asegurou que votar por Irene Montero é «votar non a Altri»
Pablo Fernández, número tres na lista de Podemos ás Eleccións Europeas 2024, participou o pasado luns 3 de cuño nun acto con militantes de diferentes cidades e vilas de Galicia en A Coruña, onde afirmou que votar por Irene Montero, cabeza de lista de Podemos, é «votar non a Altri».
Acompañado polos candidatos galegos Borja San Ramón, Óscar Lomba e pola voceira autonómica Isabel Faraldo, Pablo Fernández salientou que a principal tarefa política de Podemos é «a paz», indicando que o partido é «a única forza que defende a paz sen ambigüidades».
O secretario de organización de Podemos subliñou a importancia que ten a Unión Europea para Galicia, afirmando que «o voto a Irene Montero é o voto do non a Altri», criticando este proxecto porque «vai causar un enorme problema medioambiental». «Non pode ser que o PP sexa o principal lobista de Altri e que o PSOE se poña de perfil», engadiu Fernández.
Ademais, resaltou que votar a Podemos é votar «non aos macroparques eólicos», apostando por unha transición ecolóxica «xusta e sostible». No acto estiveron presentes os candidatos galegos da lista encabezada por Irene Montero, incluídos Borja San Ramón e Óscar Lomba.
PODEMOS PRESENTA O SEU PROGRAMA SOBRE COMERCIO EXTERIOR PARA AS ELECCIÓNS EUROPEAS DE 2024
Podemos rexeita a Tratado UE-Mercosur e avoga por un comercio xusto e sostible na Unión Europea
Nun acto celebrado na sede de Podemos Vigo, o candidato de Podemos por Vigo presentou o programa de Podemos sobre Comercio Exterior para as eleccións europeas de 2024, centrado nunha visión transformadora do comercio exterior e a relación da Unión Europea cos seus socios comerciais. O programa propón medidas que priorizan os dereitos humanos, a sustentabilidade ambiental e a xustiza económica.
No marco da súa campaña para as eleccións europeas de 2024, Podemos deu a coñecer o seu programa de comercio exterior, cunha énfase especial na necesidade de renegociar ou paralizar tratados comerciais que non cumpren cos principios fundamentais da Unión Europea. O candidato de Podemos por Vigo, Óscar Lomba, salientou a importancia de rexeitar o Tratado de Comercio Unión Europea-Mercosur, argumentando que a súa aprobación prexudicaría as condicións laborais e os modos de vida de agricultores e gandeiros en ambas as rexións, ademais de fomentar a deforestación e o aumento de emisións de gases de efecto estufa.
O programa de Podemos avoga por unha renegociación dos acordos que non respecten os principios de coherencia política da UE, salientando a necesidade de protexer o interese público, o traballo digno e a sustentabilidade ambiental. Así mesmo, proponse a prohibición de comercializar produtos provenientes de asentamentos ilegais en territorios ocupados, como os Territorios Palestinos Ocupados e o Sahara Occidental.
Podemos tamén defende a democratización e transparencia na negociación de tratados internacionais, promovendo que os mandatos negociadores sexan votados tanto no Parlamento Europeo como nos parlamentos nacionais. Ademais, o programa insiste en que os dereitos humanos deben prevalecer sobre os intereses corporativos, e propón medidas contundentes para terminar coa impunidade das multinacionais, incluíndo a adopción dun regulamento de debida dilixencia aplicable a todas as empresas transnacionales europeas.
Outra das propostas salientables é a eliminación dos privilexios dos investidores estranxeiros, quen deberá estar suxeitos ás mesmas leis que os nacionais, e o fin do comercio de armas que poidan ser usadas para violacións de dereitos humanos.
Na súa presentación, o candidato Óscar Lomba tamén subliñou a importancia dun comercio que contribúa ao desenvolvemento mutuo e sostible, rexeitando as políticas extractivistas e priorizando o desenvolvemento de capacidades e a transferencia tecnolóxica nos países do Sur global.
Podemos comprométese a impulsar a creación dun tratado internacional que garanta o acceso equitativo a medicamentos, materiais médicos e vacinas, loitando contra a especulación sanitaria. Así mesmo, propón unha política comercial feminista que inclúa avaliacións de impacto de xénero nos acordos comerciais.
Finalmente, o programa de Podemos contempla unha reforma integral da Organización Mundial do Comercio para asegurar unha política comercial e de investimento máis xusta e equitativa, e a prohibición do financiamiento público de proxectos que agraven o cambio climático ou violen os dereitos humanos en países en desenvolvemento.
Podemos reitera o seu compromiso cun comercio exterior xusto e sostible, que poña ás persoas e ao medio ambiente por riba dos intereses económicos.
Comunicado de Prensa de Podemos Vigo: Propostas para unha Soberanía Alimentaria Galega
Óscar Lomba presentou hoxe as medidas de Podemos para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024
O candidato vigués de Podemos, Óscar Lomba, presentou hoxe na sede de Podemos Vigo o capítulo 14 do programa de Podemos para as Eleccións ao Parlamento Europeo 2024. As propostas centradas na soberanía alimentaria buscan fortalecer sectores clave da economía galega, como o sector naval, pesqueiro e conserveiro, así como impulsar a economía rural e agrícola na provincia de Pontevedra e en toda Galicia.
Resumo das Propostas principais:
PAC adaptada ás necesidades galegas: A Política Agrícola Común (PAC) priorizará os pequenos e medianos produtores galegos, eliminando os dereitos históricos que favorecen un reparto inxusto. Ademais, establecerase un límite máximo para as axudas por explotación e axudas complementarias para mulleres e mozos/as, reforzando a condicionalidade ambiental e laboral.
Lei da Cadea Alimentaria: Defenderase a aprobación dunha directiva marco que regule a cadea alimentaria, protexendo o sector primario galego fronte ás prácticas abusivas dos grandes operadores. Prohibirase a venda a perdas e a «venda a resultas», garantindo prezos sostibles para os produtores galegos.
Plan de axudas para zonas con limitacións naturais: Entre 2023 e 2027, destinaranse fondos específicos para apoiar as zonas rurais con limitacións naturais en Galicia, co fin de evitar a «uberización» do campo e asegurar a viabilidade das pequenas e medianas explotacións.
Moratoria a novas macroexplotacións: Impulsarase unha moratoria indefinida para a apertura de novas macroexplotacións e a compra de terras fértiles por fondos de investimento e grandes corporacións, protexendo así a agricultura familiar e sostible galega.
Plan de emerxencia para a seca: A UE non deixará caer ningunha explotación galega afectada pola seca ou outros desastres naturais, excluíndo destas axudas ás macroexplotacións. Proporase tamén un control das importacións que afecten negativamente os prezos das producións autóctonas.
Protección de cultivos e variedades tradicionais: Promoverase a protección dos cultivos tradicionais galegos, implementando mecanismos de trazabilidade e etiquetado, así como apoio técnico e financeiro para os pequenos e medianos produtores.
Soberanía enerxética no campo: Incrementaranse as inversións en enerxías renovables para reducir a dependencia enerxética das explotacións agrarias galegas, mellorando a eficiencia dos sistemas de rega e impulsando a transformación dixital.
Reforma da tarifa eléctrica para o sector primario: Proporase un contrato específico que se adapte ás necesidades enerxéticas estacionais do sector primario, recomendando exencións fiscais parciais para as pequenas e medianas explotacións.
Incorporación da mocidade ao sector primario: Promoverase a formación profesional continua e a creación de servizos públicos de asesoramento para mellorar a xestión das explotacións. Estableceranse axudas directas para a instalación de novos agricultores e gandeiros, con enfoque de xénero e facilitando o acceso á terra e recursos.
Cláusulas espello nos tratados internacionais: Garantirase que todos os produtos importados cumpran cos estándares de produción da UE, evitando a competencia desleal e protexendo os produtores locais.
Protección da produción familiar e extensiva: Impulsarase a aprobación dunha normativa europea que defina e protexa a produción familiar galega, fomentando prácticas sostibles e recuperando a gandería tradicional, anida que incorporando as melloras tecnológicas necesarias.
Apoio á agricultura e gandería ecolóxica: A UE priorizará unha agricultura e gandería máis respectuosas co medio ambiente, establecendo un sistema de mínimos sanitarios que facilite a operación de pequenas industrias de transformación.
Representatividade democrática do sector primario: Crearase un marco de colaboración transparente e democrático para asegurar que a voz dos agricultores e gandeiros galegos estea presente na toma de decisións.
Fin do glifosato: Traballaremos para suspender a autorización do herbicida glifosato na UE, aplicando o principio de precaución pola súa posible carcinoxenicidade.
Política Pesqueira Común (PPC):
Reparto xusto das cotas pesqueiras: Impulsarase un reparto socioeconómicamente xusto das cotas de pesca, garantindo ingresos dignos para os produtores e a incorporación de mulleres no sector.
Acuicultura sostible: Promoverase unha transición cara a unha acuicultura máis sostible, prohibindo a cría de polbos e suspendendo licencias para granxas intensivas.
Coxestión das pesqueiras: Desenvolveranse figuras xurídicas para a coxestión das pesqueiras, incluíndo todos os actores interesados, para asegurar unha pesca sostible.
Acordos pesqueiros xustos: Adoptaranse acordos que garantan prácticas social e medioambientalmente responsables en augas internacionais.
Protección fronte á contaminación: Estableceranse medidas eficaces contra a contaminación que afecta ao sector marisqueiro galego, incrementando o esforzo investigador para asegurar a viabilidade do sector.
Dereito á auga:
Dereito humano ao auga e saneamento: Garantirase a xestión pública da auga e do saneamento, revisando a Directiva Bolkestein.
Xestión intelixente do auga: Promoverase unha planificación hidrolóxica eficiente e ecolóxica, controlando os plans hidrolóxicos de concas e interrompendo proxectos que beneficien soamente ás grandes construtoras.
Estratexias de adaptación ao cambio climático: Estableceranse estratexias de mitigación e adaptación en materia de xestión de augas para asegurar un sector agropecuario sostible.
Reutilización de augas depuradas: Promoverase a aprobación dunha directiva sobre recirculación e reutilización de augas depuradas.
Saneamento para núcleos rurais: Traballarase para que a UE cofinancie instalacións de saneamento en núcleos rurais galegos.
Alimentación:
Dereito humano á alimentación: Establecerase un regulamento que reoriente a política alimentaria da UE cara a este dereito.
Seguridade alimentaria: Reforzarase a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria, asegurando a súa independencia das presións da industria.
Alimentación máis saudable e sustentable: Promoveranse hábitos alimentarios baseados en produtos vexetais de produción próxima, eliminando a publicidade de alimentos pouco saudables dirixida a nenos.
Cesta básica europea: Limitaranse os prezos da cesta básica mediante a intervención sobre os márgenes empresariais.
Axudas á alimentación: Modificarase o modelo de donación de alimentos para familias vulnerables, fomentando unha dieta saudable e de calidade.
Fin do desperdicio de alimentos: Estableceranse obxectivos de redución do desperdicio alimentario no procesamento e nos fogares.
Etiqueta clara e fiscalidade alimentaria: Establecerase unha etiquetaxe clara e un IVA máis alto para alimentos ultraprocesados, restrinxindo a publicidade de comida lixo.
Podemos Vigo salienta a importancia destas medidas para garantir un futuro sostible e xusto para todos os galegos, reforzando a economía local e protexendo os recursos naturais de Galicia.
Óscar Lomba presentou hoxe en Bouzas o programa europeo de Podemos para democratizar a información, a cultura e o deporte
O candidato ao Parlamento Europeo explicou as medidas clave do Capítulo 7 do programa de Podemos ás Eleccións Europeas 2024 para garantir o acceso equitativo á información e á cultura.
Hoxe domingo 2 de xuño, o equipo de campaña de Podemos Vigo estivo presente no mercadiño de Bouzas, onde o candidato ao Parlamento Europeo 2024, Óscar Lomba, presentou o programa de Podemos para Europa, centrado no Capítulo 7: Dereito á Información, Cultura e Deporte. Lomba salientou a importancia de democratizar estes ámbitos para garantir unha sociedade máis xusta e equitativa.
Entre as medidas presentadas, Lomba subliñou a necesidade de limitar a concentración do poder mediático, propoñendo que bancos e fondos voitre só poidan alcanzar un 10% da propiedade dos medios de comunicación. Esta iniciativa ten como obxectivo asegurar que os grandes poderes financeiros non poidan controlar a comunicación e a formación da opinión pública.
Tamén se propuxo a creación dun Observatorio Europeo da Desinformación para combater os bulos e as noticias falsas, así como unha rede social pública europea baixo control democrático que ofreza unha alternativa ás redes sociais privadas.
A creación dunha radiotelevisión pública europea foi outra das medidas salientadas, cunha xestión independente e transparente para promover unha identidade compartida baseada nos valores da UE.
Lomba explicou que un Pacto Europeo pola Cultura garantiría a independencia, accesibilidade e sustentabilidade do sector cultural europeo. Ademais, propuxo aumentar os recursos destinados á cultura e reducir o IVE dos produtos culturais para facelos máis accesibles.
O recoñecemento da diversidade cultural e lingüística europea foi outro punto clave do programa, así como a promoción de intercambios culturais e a potenciación do patrimonio audiovisual compartido.
Finalmente, o candidato salientou a importancia de impulsar un Estatuto Europeo do Traballador e Traballadora da Cultura para garantir os seus dereitos laborais e a protección social, así como o control dos beneficios derivados da difusión e distribución da cultura para asegurar que cheguen a quen realmente traballa neste sector.
Óscar Lomba concluíu a súa intervención facendo un chamamento á cidadanía para apoiar estas medidas e construirmos xuntas unha Europa máis inclusiva, democrática e culturalmente rica.
Podemos Vigo Presentou a Proposta de Podemos para unha Europa con Futuro e Autonomía Estratéxica
Un modelo económico xusto e inclusivo para unha Europa soberana e resiliente
Podemos Vigo anunciou o seu programa electoral para as Eleccións Europeas de 2024, centrado en transformar as políticas da Unión Europea para promover xustiza económica, social e ambiental. A proposta avoga por unha Europa que responda ás necesidades dos seus cidadáns, enfronte con decisión a emerxencia climática e recupere a súa autonomía estratéxica.
Un Novo Modelo Económico para a Unión Europea
A crise sanitaria e a invasión de Ucraína evidenciaron a necesidade dun cambio de rumbo nas políticas europeas. Podemos Vigo defende a creación dun modelo de desenvolvemento que supere o neoliberalismo, que demostrou estar esgotado e non pode volver en forma de austeridade, recortes e privatizacións. É urxente substituír o Pacto de Estabilidade e Crecemento, que impón restricións insostibles sobre a débeda e o déficit, impedindo o investimento en servizos públicos e a construción de sociedades xustas.
Reforma da Gobernanza Económica do Euro
Podemos Vigo propón unha reforma radical da gobernanza económica do euro, cuxo actual deseño supervisa as contas dos Estados sen considerar obxectivos sociais. Un exemplo disto son as subidas dos tipos de xuro por parte do Banco Central Europeo, que agravan o sufrimento de millóns de familias en lugar de promover o emprego. A economía debe estar ao servizo da cidadanía e o medio ambiente, democratizando a toma de decisións e eliminando a corrupción e a impunidade no ámbito económico.
Política Fiscal Xusta e Equitativa
A Unión Europea non pode seguir sendo un refuxio para a fraude e os paraísos fiscais. É esencial combater a evasión fiscal e asegurar que os recursos públicos se utilicen para o beneficio de todos. A política fiscal debe ser unha ferramenta para reducir a desigualdade e garantir que os intereses das elites non prevalezan sobre os da cidadanía.
Transición Ecolóxica Xusta
A emerxencia climática require unha transición ecolóxica que beneficie a todas as persoas e territorios. Podemos aposta por unha reindustrialización baseada en economías verdes e produtivas, co obxectivo de descarbonizar a economía e crear un sistema económico sustentable. Esta transición debe ser xusta, con planificación económica e regulación pública, asegurando que non se vendan os nosos recursos ao mellor postor.
Soberanía en Enerxía e Tecnoloxía
A soberanía sobre os nosos recursos é fudamental. Podemos defende a creación de empresas públicas de enerxía que garantan prezos xustos e eliminen a especulación. Tamén é necesario acabar cos privilexios das grandes compañías enerxéticas e as subvencións á industria fósil. Ademais, a soberanía tecnolóxica é esencial nun mundo dixital dominado por unhas poucas empresas. A Unión Europea debe facer da tecnoloxía un sector estratéxico que impulse o cambio de modelo e mellore os dereitos laborais e as condicións de vida.
Cara unha Produción e Consumo Sustentable
Podemos promove un modelo de produción e consumo de alimentos autónomo e sustentable. A Unión Europea debe reformar a súa política agraria para que sexa unha ferramenta de benestar para o campo. A dixitalización e a intelixencia artificial deben ser utilizadas para avanzar en dereitos laborais e crear novas e mellores formas de vida.
Podemos cre firmemente que a autonomía estratéxica é un piar fundamental do novo pacto social e climático europeo que as nosas sociedades esixen. Con estas propostas, aspiramos a construír unha Europa máis xusta, resiliente e sustentable.
Óscar Lomba presentou en Ponteareas o programa de dereitos laborais de Podemos para as eleccións europeas 2024
Óscar Lomba, candidato de Podemos ao Parlamento Europeo, visitou hoxe Ponteareas para expoñer a propostas clave de Podemos en materia de dereitos laborais. Acompañado polo seu equipo de campaña, Lomba compartiu cos asistentes do mercadillo local de Ponteareas as iniciativas que Podemos defenderá en Bruxelas, salientando a xornada laboral de 30 horas, a redución da fenda salarial e a democratización das empresas.
Na súa intervención, Lomba salientou a necesidade dunha xornada laboral de 30 horas semanais para mellorar a calidade de vida e fomentar unha distribución equitativa do traballo doméstico e de coidados entre homes e mulleres. «Queremos máis tempo para vivir e avanzar cara á corresponsabilidade«, afirmou. Ademais, salientou a importancia de racionalizar os horarios laborais e promover o teletraballo, así como protexer os tempos de desconexión e establecer plans de respiro familiar.
Entre as propostas económicas, Lomba falou da necesidade dunha «Garantía europea de crecemento salarial» que reconecte os salarios coa produtividade e restitúa o peso dos salarios na renda dos Estados ao nivel previo á crise de 2008. Tamén defendeu un salario mínimo digno do 75% do salario medio, equivalente a 1.600€ ao mes en España, para garantir unha vida digna a todos as traballadoras e traballadores europeos.
A loita contra a fenda salarial e a desigualdade tamén é un piar central do programa. Podemos propón limitar a diferenza salarial nunha empresa a 20 veces o salario máis baixo e desenvolver normativas para asegurar unha repartición equitativa dos resultados empresariais. Así mesmo, Lomba salientou a necesidade de reforzar a protección contra o despedimento, propoñendo indemnizacións que compensen a perda real do traballador.
Podemos tamén avoga pola creación dun seguro de desemprego europeo e unha protección especial para as mozas e mozos, que condicionen ao tempo cotizado e teñan en conta a intermitencia no emprego. Ademais, impúlsase a figura do traballador autónomo vulnerable para protexer aos máis precarios e frear a uberización da economía mediante unha normativa xusta para a economía dixital.
En canto á democratización das empresas, Lomba mencionou o apoio ás empresas de economía social e a obrigatoriedade da coxestión en empresas de máis de 50 traballadores, para que estes participen na dirección con voz e voto.
Finalmente, Lomba salientou a importancia dunhas pensións dignas e a estratexia europea para elevar as pensións máis baixas, asegurando que nunca estean por baixo do limiar da pobreza e avanzando cara á redución da fenda de xénero nas pensións.
A visita de Óscar Lomba e o equipo de campaña a Ponteareasfoi unha oportunidade para conectar coa cidadanía e compartir as propostas programáticas de Podemos para construír unha Europa máis xusta e equitativa en termos laborais. A militancia de Podemos continuará a súa campaña en diversos puntos de Galicia, levando esta mensaxe a todos os recantos de Vigo e Pontevedra.
🗓 Data: 1 de xuño de 2024 ⏰ Hora: 11:00 h. 📍Lugar: Ponteareas
1 de xuño (Sábado)
11:00 horas:
Colocación de carpa de Podemos en Ponteareas. O candidato Óscar Lomba e parte do equipo de campaña estarán repartiendo propaganda electoral en Ponteareas.
Intervención de Óscar Lomba (Candidato Galego de PODEMOS ás Eleccións Europeas).
Podemos Presentou en Cangas o seu Ambicioso Programa para as Eleccións Europeas 2024
Un Plan Integral para a Educación, Sanidade, Inclusión e Dependencia na Unión Europea
Lomba defendeu hoxe o programa social de Podemos para Europa
O equipo de campaña de Podemos Vigo visitou hoxe Cangas do Morrazo para repartir folletos e explicar o seu programa de dereitos sociais para Europa. Durante o paseo, Óscar Lomba salientou a importancia de reforzar os servizos públicos e garantir os dereitos sociais de toda a cidadanía da Unión Europea.
Nun esforzo por transformar a Unión Europea nun espazo máis xusto e equitativo, Podemos, co seu candidato de Vigo, Óscar Lomba, presentou hoxe en Cangas do Morrazo un completo programa de dereitos sociais dirixido á maioría social de Vigo, Cangas e Pontevedra. Este programa abrangue áreas fundamentais como a educación, a sanidade, a inclusión e a dependencia, con medidas específicas que procuran mellorar a calidade de vida da cidadanía en Vigo e na provincia de Pontevedra.
Educación
Podemos no seu Programa Electoral para as Eleccións Europeas aposta por unha educación pública de xestión directa, gratuíta e de calidade, desde o nacemento ata a universidade. Garántese a gratuidade efectiva da educación desde os 0 ata os 18 anos, incluíndo libros, material escolar, comedor e transporte. Ademais, promoverase un investimento educativo mínimo do 5% do PIB en todos os países da UE e evitarase a segregación económica e social nos sistemas educativos. Óscar Lomba salienta a importancia de acadar unha rede educativa pública que cubra o 90% da demanda na próxima década e de desenvolver programas de alfabetización dixital e prevención do bullying.
Sanidade
O programa para Europa de Podemos propón un modelo de saúde que considere o benestar e a autonomía sobre o propio corpo. Garántese o dereito á interrupción voluntaria do embarazo de forma segura, libre e gratuíta, así como o acceso a unha atención de calidade da saúde mental. Poñerase fin á privatización da sanidade, apoiando a xestión pública directa de centros e recursos sanitarios, e mellorarase a transparencia e control no sector farmacéutico. Lomba salientou a necesidade dunha Lei Europea Integral de Saúde Mental e de incluír servizos de saúde bucodental, oftalmolóxica, auditiva e fisioterapia na carteira pública de servizos de saúde.
Inclusión
Podemos comprométese a garantir os dereitos das persoas con diversidade funcional, promovendo a súa inserción laboral e mellorando as prestacións para material ortoprotésico. Deseñaranse programas de accesibilidade en edificios públicos e espazos inclusivos, asegurando que as persoas con mobilidade reducida poidan viaxar coa totalidade do material ortoprotésico necesario. Ademais, loitarase contra a discriminación que sofren as persoas con VIH e implementaranse recursos específicos para mulleres e nenas con discapacidade, co fin de erradicar prácticas contrarias aos dereitos humanos.
Dependencia
Lomba explicou hoxe que para Podemos é fundamental impulsar un modelo de atención á dependencia que sexa público, universal e gratuíto, garantindo a autonomía funcional sen cargar aos familiares. Promoverase a construción de centros sociosanitarios que fomenten un cambio de modelo nas infraestruturas para coidados de longa duración, afastándose dos macrocentros.
Vivenda
O programa inclúe medidas para defender a vivenda fronte á especulación e asegurar o acceso a unha vivenda digna e alcanzable.Prohibirase a posesión de vivendas por fondos voitre e regularanse os prezos do alugueiro para que non superen o 30% dos ingresos do fogar. Ademais, consolidaranse parques públicos de vivenda en alugueiro a prezos alcanzables, priorizando a persoas novas e colectivos en risco de exclusión social. Óscar Lomba tamén propuxo a creación dun Fondo de Responsabilidade Social Europeo para protexer aos consumidores e debedores hipotecarios.
Con este plan, Podemos busca construír unha Europa máis xusta e equitativa, garantindo os dereitos fundamentais da educación, a sanidade, a inclusión e a dependencia para toda a cidadanía de Vigo e Pontevedra.