Crónica do Plenario de Podemos Vigo – 17 de setembro
O pasado 17 de setembro, á 20.00 h, a sede de Podemos Vigo acolleu un plenario da nosa organización local no que se fixo balance do traballo realizado nos últimos meses e definíronse novos obxectivos a curto e longo prazo. A asemblea reuniu a unha morea de militantes de Vigo comprometidos co labor do noso partido, reafirmando o compromiso colectivo coas ideas e valores que defendemos.
Durante a reunión, xerouse un debate interno que abordou tanto cuestións estratéxicas como o camiño para seguir para os vindeiros procesos internos en Galicia. Este espazo permitiu reflexionar sobre os logros obtidos até o de agora e os axustes necesarios para afrontar o futuro cunha visión máis cohesionada. Salientouse a importancia do traballo en equipo, a mobilización cidadá e o reforzo da nosa presenza no ámbito local.
Este encontro serviu non só para afianzar as liñas de acción de Podemos Vigo, senón tamén para fortalecer a unión e o compromiso da militancia. Porque a loita polas nosas ideas e polo futuro do partido só se constrúe a través do traballo colectivo constante e o esforzo compartido do conxunto da nosa militancia.
Terceiro Encontro Militante Provincial. Este encontro estará destinado a reunir a militantes de Podemos Galicia da Provincia de Pontevedra e terá lugar mañá 12 de agosto ás 19.30 horas na sede de Podemos Vigo, rúa Celso Emilio Ferreiro, 9.
Podemos anunciou hai unha semana que a Secretaría de Organización Estatal decidiu crear un equipo técnico en Galicia co foco posto nas vindeiras eleccións primarias do Consello Cidadán Galego, que se celebrarán a final de ano. A formación morada subliña que é «o momento de dar estabilidade e de reforzar a organización» co fin de «abrir un ciclo político que traballe repensando o rumbo do país».
O equipo técnico estáliderado por Isabel Faraldo (A Coruña), administrativa no Sergas, exconcelleira na Coruña e quen foi candidata á Xunta nas últimas eleccións autonómicas
Tamén está integrado por Adrián García (A Coruña), representante sindical no sector do telemárketing e defensor dos dereitos laborais e LGTBIQ+, como responsable de comunicación; e por María Jesús Pereiro (Monforte), informática e militante desde 2014, quen xestionará as finanzas; e Toño Naval (Ourense) como responsable de Organización. Pola súa banda, Ximena Cheda (Uruguai-Lugo), activista feminista, xestionará as áreas de igualdade e participación; mentres que o vigués Óscar Lomba ocuparase da área de municipalismo.
A primeira encomenda do equipo técnico foi realizar asembleas provinciais para reunir á militancia e explicar a situación actual e traballar para as próximas primarias. De momento celebráronse dous Encontros Militantes en Lugo e A Coruña. Mañá luns 12 de agosto ás 19.30 horas celebrarase o terceiro Encontro Militante Provincial. Este encontro estará destinado a reunir a militantes de Podemos Galicia da Provincia de Pontevedra e terá lugar na sede de Podemos Vigo na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9.
O pasado mércores 7 de agosto de 2024, un nutrido grupo de militantes de Podemos Vigo uniuse á concentración fronte ao Museo Marco en Vigo, en solidariedade coa vítima do recente feminicidio ocorrido no barrio de Labañou na Coruña. Esta mobilización xorde en resposta ao tráxico asasinato de Mercedes, unha muller de 74 anos, a mans do seu esposo de 76 anos, con quen compartira 45 anos de vida e catro fillos.
A concentración, que reuniu a diversas organizacións feministas, sociais e partidos políticos, foi un berro colectivo contra a violencia machista e o patriarcado. Baixo consignas como “Menos discursos e máis recursos”, “Patriarcado e capital: Alianza Criminal” e “Non é un crime paixonal é un asasinato machista”, as e os asistentesesiximos medidas concretas para combater a violencia machista e un compromiso real coa igualdade.
Desde Podemos Vigo, reafirmamos o noso compromiso na loita contra o machismo e a violencia de xénero. É esencial que a sociedade e as institucións actúen con firmeza para derrubar o patriarcado, terminar co terrorismo machista e ofrecer o apoio necesario ás vítimas. A violencia machista non ten xustificación ningunha e debe ser enfrontada con determinación e recursos axeitados. Solidarizámonos coa familia de Mercedes e continuaremos traballando para garantir unha sociedade libre de violencia e desigualdades.
Adiante coa Lolita feminista! Paremos a violencia machista! Non máis feminicidios!
A tarde e noite de hoxe 7 de xuño de 2024 quedará marcada na memoria dos asistentes á Festa Mitin de Peche de Campaña das Eleccións Europeas de 2024, celebrada na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 en Vigo, na sede de Podemos Vigo. A sede estaba rebosante de militantes e simpatizantes que, cheos de entusiasmo, acudiron a este evento final da campaña electoral.
A festa comezou nun ambiente distendido e festivo, cunha multitude que mesturaba facianas novas con veteráns de longa traxectoria na organización. Meli Vázquez, voceira da organización local, foi a encargada de dar a benvida aos presentes, salientando a importancia do traballo colectivo e o compromiso da militancia nesta intensa campaña.
Entre os asistentes, destacaban figuras históricas de Podemos como Magdalena Barahona, ex-deputada galega, e Pili Pascual, unha militante histórica da formación. A súa presenza foi unha lembranza da continuidade e da fortaleza do partido-movemento, mesturando as novas xeracións co legado daqueles que levan anos loitando por un cambio social.
A xornada transcorreu entre conversas e actos de confraternidade, onde non faltaron os momentos de emoción e reflexión. O punto álxido da tarde chegou co discurso de Óscar Lomba, candidato de Podemos ás eleccións europeas de 2024. Lomba, nun ton agradecido e cercano, salientou o traballo incansable da militancia durante a campaña. Posteriormente, deleitou aos asistentes cunha apaixonada lectura de “cinco sonetos contra o poder”, unha peza literaria que resoou fondamente entre o público, provocando unha mestura de reflexión e fervor.
A celebración continuou cunha sesión fotográfica que inmortalizou a camaradería e o espírito de unión que caracteriza a Podemos Vigo. As risas e as conversas espontáneas foron a banda sonora dun evento que rematou reforzando os lazos entre os militantes e simpatizantes presentes.
A Festa Mitin de Peche de Campañafoi, sen dúbida, unha xornada de emotividade e esperanza, onde se reafirmou o compromiso de todos os presentes coa loita por un futuro mellor. A calor humana e a fraternidade que se respirou na sede de Podemos Vigo son un reflexo do que esta organización representa: un proxecto colectivo baseado na solidariedade e na busca constante da xustiza social.
Hoxe, venres 7 de xuño, Podemos Vigo realizou unha intensa xornada de campaña na zona peonil do Calvario, en Vigo, centrada nas eleccións europeas de 2024. A mesa informativa, situada no corazón desta animada área comercial, foi o epicentro da actividade militante. Alí, as compañeiras e compañeiros do partido estableceron un punto de encontro onde veciñas, veciños e visitantes podían informarse sobre as propostas de Podemos para Europa.
Un pequeno grupo de militantes dedicouse a repartir folletos informativos e a conversar coa veciñanza, escoitando as súas preocupacións e expectativas de cara ás eleccións. A resposta da xente foi variada, cunha morea de persoas amosando interese polas políticas europeas e a forma en que estas poden afectar á súa vida cotiá.
Durante a xornada, os representantes de Podemos salientaron a importancia de levar a voz da cidadanía ao Parlamento Europeo e subliñaron o compromiso de Podemos coa igualdade, a xustiza social, a defensa dos dereitos humanos e a paz. A actividade non só serviu para dar a coñecer o programa electoral, senón tamén para fortalecer os lazos coa comunidade local e fomentar a participación activa na política.
A campaña continúa co obxectivo de mobilizar o voto e asegurar que as inquedanzas da xente de Vigo sexan escoitadas en Bruxelas.
Onte, a militancia de Podemos estivo en Redondela realizando unha intensa campaña de proximidade. Desde primeira hora da mañá, a militancia, simpatizantes e voluntarias percorreron as rúas do municipio, repartindo folletos informativos e falando coa veciñanza sobre as propostas do partido para as próximas eleccións europeas 2024.
A mesa informativa, situada na nunca zona próxima al mercadiño de Redondela, foi o epicentro das actividades, onde se realizaron repartos e falamos coa veciñanza sobre os principais propostas programáticas que defiende Podemos.
Queridas compañeiras e compañeiras, amigas e amigos de Podemos Vigo!
O vindeiro venres 7 de xuño ás 19.00 horas, a nosa sede vestirase de festa para un evento moi especial: a Festa Mitin Fin de Campaña de Podemos! Será un momento único, cargado de emoción, enerxía e esperanza, no que celebraremos xuntas o peche desta intensa campaña.
Énchenos de orgullo anunciar que contaremos coa presenza de Óscar Lomba Álvarez, o noso candidato galego ao Parlamento Europeo 2024. Óscar, co seu inquebrantable compromiso e visión para un futuro máis xusto e solidario, compartirá connosco as súas ideas e soños para Galicia e Europa.
Este mitin é máis que un evento político; é unha celebración da nosa unidade, dos nosos valores e da nosa loita compartida por un mundo mellor. É a oportunidade perfecta para reunirnos, fortalecer os nosos lazos de amizade, militancia e demostrar que xuntas somos imparables.
Convidámoste a participar e difundir este encontro, a achegar o teu entusiasmo e a túa voz, porque cada un de nós é esencial nesta batalla pola transformación de Europa, pola xustiza social e a igualdade. Ven coa túa familia, cos teus amigos e amigas, cos teus veciños e veciñas. Fagamos deste mitin unha festa inesquecible, chea de alegría e determinación.
Dado que o noso partido non dispón de grandes recursos, queremos pedir a túa colaboración. Se podes, trae algo para compartir: comida, bebida, ou calquera detalle que sume a esta celebración. Así, entre todas e todos, faremos deste mitin unha festa inesquecible e chea de calidez.
Este venres 7 de xuño ás 19:00 horas, facer historia xuntas en Podemos Vigo. Non faltes!
Pablo Iglesias estivo onte 5 de xuño na Coruña: Chamando á Resistencia e Renovación da Esquerda
Coa enerxía vibrante que caracteriza os seus discursos, Pablo Iglesias, director de Diario e Canal Red, presentouse perante máis de 350 entusiastas militantes e simpatizantes de Podemos Galicia nun mitin celebrado no Campo da Leña, en A Coruña. O acto converteuse nun fervoroso chamado á renovación e resistencia da esquerda no marco das vindeiras eleccións europeas.
Iglesias, coa súa retórica incisiva e directa, instou o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, a clarificar as súas recentes declaracións e a poñer nome e apelidos ás súas acusacións, especialmente en relación coa citación xudicial á súa muller, Begoña Gómez. Sen evitar a crítica ao posible «márketing» detrás das accións do PSOE, Iglesias afirmou que o que España necesita é «unha esquerda que teña capacidade de resistir», unha esquerda verdadeira, transformadora e valente é Podemos.
«Cunha esquerda domesticada é imposible avanzar», sentenciou con firmeza, deixando claro que Podemos representa esa forza indomable necesaria para o cambio. Nun discurso cargado de emoción, Iglesias proclamou que este domingo «comeza unha nova etapa».Animou a nosa militancia, simpatizantes e votantes a non conformarse con dous posibles escanos no Parlamento Europeo e a «ir a por todas», apelando a un Podemos que «renaza» e constrúa «unha alternativa republicana e confederal».
O noso compañeiro Pablo Iglesias non se detivo aí. Reivindicou o papel de Podemos cando estivo no Goberno, salientando que representamos «intereses de clase diferentes». Subliñou a importancia de votar con convicción e non por obrigación. «Nestas eleccións non é votar co nariz tapado senón votar ao que pensa como ti«, recalcou con paixón, mentres a multitude coreaba o seu nome e os berros de «Si se pode!» ecoaban polo lugar.
Iglesias non esquivou os temas controvertidos e afirmou que Podemos foi «vítima dunha violencia xudicial e mediática sen comparación«. Salientou que o noso partido atreveuse a dicir cousas que outros non din, tocando temas sensibles como os conflitos en Ucraína e Palestina. Cuestionou a sinceridade do PSOE no recoñecemento do Estado de Palestina, suxerindo que podería tratarse dunha estratexia electoral máis que dun compromiso real.
Nun ambiente cargado de esperanza e determinación, Iglesias inspirou aos presentes para loitar por unha verdadeira alternativa de esquerda. Entre as persoas sentadas entre o público estaba o candidato galego Óscar Lomba.
A mensaxe foi clara: non conformarse, resistir e aspirar a un cambio profundo. Mentres os aplausos e aclamacións enchían o aire, quedou patente que a loita por unha nova etapa na política española segue viva e máis vibrante que nunca nos corazóns das nosas compañeiras de Podemos.
Óscar Lomba, Candidato Galego de Podemos ao Parlamento Europeo, Comprométese coas Reivindicacións do Foro Galego de Inmigración
Óscar Lomba Álvarez, candidato galego número 24 na lista de Podemos ao Parlamento Europeo, anunciou hoxe o seu firme compromiso coas reivindicacións do Foro Galego de Inmigración. Nun documento formal, Lomba comprometeuse a defender activamente as demandas do Foro en todos os eidos posibles.
Entre as reivindicacións que Lomba comprometeuse a apoiar inclúense: a simplificación dos procesos de solicitude de visados e permisos de residencia, o acceso equitativo a servizos de saúde e educación, a protección dos dereitos laborais das persoas migrantes, e a loita contra a discriminación e o racismo. Ademais, o candidato vigués de Podemos mostrou o seu apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para a regularización das persoas migrantes en España.
«É esencial construír unha Europa máis igualitaria e inclusiva. Defender as demandas do Foro Galego de Inmigración é unha prioridade para min«, declarou Lomba.
Este compromiso reforza a posición de Podemos na defensa dos dereitos das persoas migrantes e salienta a importancia de políticas máis xustas e humanas en Europa.
Vigo, 5 de xuño de 2024
Documento de Compromiso Persoal
De: Óscar Lomba Álvarez, Candidato Galego Número 24 na Lista de Podemos ao Parlamento Europeo 2024
A: Foro Galego de Inmigración
Estimadas compañeiras e compañeiros do Foro Galego de Inmigración,
Recibide un cordial saúdo. É unha honra dirixirme a vós como candidato galego número 24 na Lista de Podemos ao Parlamento Europeo para as eleccións de 2024. Agradezo a oportunidade de manifestar o meu compromiso firme e decidido coas reivindicacións que vós, como plataforma cidadá e defensora dos dereitos das persoas migrantes, levades adiante con tanto esforzo e dedicación.
Despois de analizar detidamente as demandas presentadas polo Foro Galego de Inmigración, quero deixar constancia do meu compromiso inquebrantable con defensa destas reivindicacións en todos os eidos posibles, tanto no Parlamento Europeo como nos foros e espazos de decisión nos que teña presenza. As demandas que expoñedes son non só xustas, senón necesarias para construirmos unha sociedade máis igualitaria, inclusiva e respectuosa cos dereitos humanos.
Por tanto, comprométome a:
1. Simplificación e axilización dos procesos de solicitude de visados e permisos de residencia: Traballarei para que se reduzan os tempos de espera e a burocracia excesiva que dificultan a integración e estabilidade das persoas migrantes.
2. Acceso equitativo a servizos de saúde e educación: Promoverei políticas que aseguren que todas as persoas migrantes teñan acceso a servizos básicos de saúde e educación, sen importar o seu estatus migratorio.
3. Protección dos dereitos laborais das persoas migrantes: Defenderei a igualdade de dereitos laborais e salariais para os traballadores e traballadoras migrantes, así como medidas para protexelos da explotación laboral.
4. Traballo digno para colectivos de especial vulnerabilidade: Especialmente para as traballadoras do fogar, loitarei por condicións laborais xustas e pola erradicación da discriminación.
5. Loita contra a discriminación e o racismo: Impulsarei políticas que promovan a igualdade e a inclusión, combatendo calquera forma de discriminación ou xenofobia.
6. Denuncia e derogación do Pacto Europeo sobre Migración e Asilo: Esforzareime por revogar este pacto debido aos seus efectos devastadores sobre as persoas migrantes.
Ademais, apoio con determinación a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que propón a regularización das persoas migrantes en España, entendendo que esta representa unha ferramenta moi importante para garantir os dereitos e dignidade de miles de persoas.
Este compromiso non é só unha declaración de intencións, senón un compromiso concreto e efectivo que guiará as miñas accións e posicións dentro e fóra de meu partido. Traballarei man a man co Foro Galego de Inmigración e outras organizacións afíns para asegurar que as voces das persoas migrantes sexan escoitadas e atendidas.
Estou á vosa disposición para calquera información adicional ou para coordinar as accións necesarias que nos permitan avanzar xuntas cara a unha Europa máis xusta e solidaria.
Agradezo a vosa confianza e colaboración e reitero o meu compromiso a loitar incansablemente polos dereitos das persoas migrantes.
Atentamente,
En Vigo, 5 de xuño de 2024
Óscar Lomba Álvarez
(Candidato nº 24 da Lista de Podemos al Parlamento Europeo 2024).
Podemos presenta en Vigo o seu Programa Político para a Paz e a Xeopolítica Internacional: Por unha Europa de Paz e Solidariedade
Hoxe mércores 5 de xuño ás 11:00 h. nun encontro con militantes e simpatizantes na sede de Podemos Vigo, na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 en Vigo, Óscar Lomba, candidato de Podemos Vigo ao Parlamento Europeo 2024, presentou o programa político de Podemos enfocado na paz, a xeopolítica internacional e a relación da Unión Europea co resto do mundo. Cun enfoque baseado no respecto ao dereito internacional, os dereitos humanos e a promoción do multilateralismo, Podemos Vigo propón unha visión transformadora para unha Europa de Paz e Solidariedade nun mundo marcado por desafíos globais.
Nun momento fundamental para a política internacional, Podemos Vigo reafirma o seu compromiso coa construción dunha Europa de Paz, onde o respecto á soberanía dos pobos e o dereito internacional sexan piares fundamentais. Avogamos por unha política exterior que promova relacións pacíficas e democráticas, o acceso universal aos bens globais e o desenvolvemento xusto e sostible en beneficio de todo o planeta.
Ante a crise en Ucraína e o conflito en Palestina, é imperativo que a Unión Europea asuma un papel activo na procura de solucións pacíficas e xustas. Desde Podemos Vigo, comprometémonos a traballar polo establecemento dun cesamento do fogo en Ucraína e o fin do xenocidio, a ocupación e o apartheid en Palestina como intereses estratéxicos de primeira orde para a UE.
Ademais, avogamos polo fin dos xenocidios silenciados na República Democrática do Congo e en Sudán, e apoiamos a libre autodeterminación do pobo saharauí. Promoveremos a construción de paz, a desmilitarización e o desarmamento, así como a prohibición das armas nucleares.
En canto á seguridade e defensa, é necesario avanzar cara a unha política estratéxica común baseada na prevención, a resolución dialogada e a construción de paz, financiada cos recursos que hoxe destinan os Estados membro á OTAN. Así mesmo, defendemos un enfoque integral da seguridade humana como eixo de todas as políticas estratéxicas da UE, recoñecendo que os desafíos que enfrontamos transcenden o eido militar e abranguen outros eidos como o económico, ambiental, social e das comunicacións.
No ámbito económico, avogamos polo fin das políticas extractivistas a través dunha revisión profunda da política comercial europea. Opoñémonos aos acordos comerciais que benefician ás multinacionais e ás grandes empresas enerxéticas en detrimento de as maiorías sociais e traballadoras. A UE debe converterse nun vector do cambio e a promoción de dereitos, deixando de ser unha porta para a especulación en países en desenvolvemento.
O programa político de Podemos para a paz e a xeopolítica internacionalrepresenta un compromiso firme coa xustiza, a solidariedade e a paz nun mundo cada vez máis interconectado. Traballaremos incansablemente para facer de Europa un referente de defensa dos dereitos humanos e apoio aos procesos de transformación democrática en todo o mundo.