Podemos Vigo é unha organización política que defende os intereses da maioria social en Vigo e arredores. Somos unha forza transformadora, feminista, ecoloxista, antirracista e radicalmente democrática.
Vigo falou alto e claro. O dereito á vivenda non se negocia.
Miles de persoas mobilizáronse para denunciar un modelo que expulsa á xente das súas casas, que converte un dereito básico nun negocio e que deixa a familias enteiras sen futuro.
Non é casualidade. É un sistema que favorece a especulación fronte á vida. E por iso a resposta só pode ser: organización, loita e mobilización social.
Desde Podemos Vigo estaremos sempre do lado da xente que loita por quedar na súa casa, das que resisten aos desafiuzamentos e das que esixen vivenda pública en algueiro a prezos alcanzables.
Porque sen vivenda non hai futuro.
Porque a cidade é para quen vive nela, non para quen se enriquece cos alugueiros e a vivenda
🟣 Podemos Vigo chama a encher as rúas polo dereito a unha vivenda digna
En Vigo vivimos unha situación límite. Cada vez máis familias enfróntanse a alugueiros imposíbeis, a contratos abusivos, á especulación sen control e a un modelo de cidade que prioriza o negocio fronte ás necesidades da xente. Mentres os prezos seguen disparados, milleiros de persoas ven como o acceso a un fogar seguro e estábel se converte nun luxo. E isto non é inevitábel: é consecuencia directa das decisións políticas que favorecen intereses privados por riba do ben común.
Por iso, desde Podemos Vigoapoiamos con total firmeza a mobilización convocada pola Alianza pola Vivenda e Plataforma Galega, Vivenda Xa! este 21 de marzo ás 18:00 h desde a Praza dos Cabalos. Vigo necesita unha resposta colectiva, organizada e contundente fronte a un problema que afecta a toda a cidade, especialmente á mocidade, ás familias traballadoras e ás persoas máis vulnerábeis.
🏘️ Por que saímos á rúa?
• Porque o dereito á vivenda é debe ser un dereito fundamental, non un privilexio.
• Porque non podemos permitir que a especulación converta Vigo nun territorio xentrificado e turistificado.
• Porque é urxente regular os prezos dos alugueiros e poñer freo aos fondos voitre e ás prácticas abusivas.
• Porque precisamos un parque público de vivenda real, suficiente e a prezos alcanzábeis.
• Porque a cidade non pode seguir avanzando cara a un modelo no que só quen máis ten pode vivir nela.
• Porque a política municipal debe poñerse do lado da xente, non dos intereses inmobiliarios.
✊ Unha cidade que expulsa non é unha cidade xusta
A realidade é clara: Vigo está vivindo unha crise habitacional que non se resolve con propaganda nin con anuncios baleiros. Precísanse medidas valentes, planificación pública e vontade política para garantir que todas as persoas poidan vivir dignamente na súa cidade. A vivenda non pode seguir sendo un negocio especulativo que condiciona o futuro de toda unha xeración.
Desde Podemos Vigo levamos anos defendendo medidas claras e valentes para garantir o dereito á vivenda. Propoñemos baixar por lei os prezos dos alugueiros nun 40% nas zonas tensionadas, así como declarar zonas tensionadas en todos aqueles concellos onde sexa necesario, como Vigo.
Tamén apostamos por mobilizar as vivendas baleiras, reforzar de maneira decidida o parque público de vivenda e poñer límites aos abusos dos alugueiros turísticos. Ao mesmo tempo, defendemos garantir alternativas habitacionais reais para quen as precise e situar a vida das persoas no centro das políticas urbanas.
Hoxe, máis que nunca, estas propostas son imprescindíbeis para facer efectivo o dereito a unha vivenda digna.
🟪 Este 21 de marzo, Vigo ten unha cita coa dignidade
Chamamos a toda a cidadanía a participar masivamente na manifestación do próximo sábado 21 de marzo de 2026 ás 18:00 horas desde a Praza dos Cabalos en Vigo. Porque cando a xente se organiza, cando a cidade se mobiliza, cando defendemos colectivamente os nosos dereitos, abrimos camiño a cambios reais.
A vivenda é un dereito. A especulación non pode marcar o futuro de Vigo. Saímos á rúa para dicilo alto e claro.
Vémonos na Praza dos Cabalos. Xuntas, imos facer que Vigo sexa unha cidade para vivir, non para especular.
A atención á dependencia vive unha situación de auténtica emerxencia que cómpre afrontar con urxencia. No ano 2025 a Xunta aprobou unha reforma que supón un retroceso nos dereitos da cidadanía no acceso aos servizos sociais.
Ante esta realidade nace esta plataforma, co obxectivo de defender o dereito das persoas máis vulnerables a contar cun sistema público de coidados digno, accesible e de calidade.
Desde Podemos Vigo apoiamos esta iniciativa porque os coidados son un dereito fundamental que debe estar garantido por un sistema público forte, que poña as persoas no centro das políticas públicas.
A atención á dependencia en Galicia atravesa unha situación de auténtica emerxencia social que require respostas urxentes e compromiso político real. No ano 2025 a Xunta aprobou unha reforma que, lonxe de reforzar o sistema público de coidados, supón un retroceso nos dereitos da cidadanía e dificulta o acceso aos servizos sociais para moitas persoas que os precisan.
Falamos de persoas maiores, persoas con diversidade funcional e familias enteiras que dependen dun sistema público de coidados que debería garantir atención digna, accesible e de calidade. Cando se recortan dereitos neste ámbito, non se está falando de números nin de burocracia, senón de vidas, de dignidade e de benestar.
Fronte a esta realidade nace esta plataforma, coa vontade de unir voces e esforzos para defender o dereito das persoas máis vulnerables a recibir os coidados que merecen. Un espazo de mobilización e defensa dun modelo de coidados que sitúe ás persoas no centro e que aposte por fortalecer o sistema público.
Desde Podemos Vigo apoiamos esta iniciativa porque entendemos que os coidados son un dereito fundamental e unha responsabilidade colectiva. É imprescindible construirmos un sistema público de coidados forte, con recursos suficientes, que reduza as listas de espera, garanta condicións dignas para as persoas usuarias e tamén para as traballadoras do sector.
Defender a dependencia é defender unha sociedade máis xusta, máis humana e máis solidaria. E nese camiño imos seguir traballando, xunto á cidadanía e aos colectivos sociais, para que ninguén quede atrás.
Os coidados son un dereito, non un negocio. Presentación da plataforma Emerxencia Dependencia en Vigo
Este 12 de marzo ás 19.30 h terá lugar en Vigo a presentación pública da Plataforma Emerxencia Dependencia, unha iniciativa cidadá que nace co obxectivo de defender unha atención digna e un sistema de dependencia e discapacidade 100 % público, accesible e con recursos suficientes.
O acto celebrarase no IES Politécnico de Vigo, situado na rúa Conde de Torrecedeira 88, e está aberto á participación de toda a cidadanía, colectivos sociais, persoas dependentes, familiares e profesionais do sector dos coidados.
A creación desta plataforma xorde nun contexto no que a situación da dependencia en Galiciase converteu nunha auténtica emerxencia social. Miles de persoas agardan durante meses ou anos para acceder a prestacións ou servizos recoñecidos por dereito, mentres as familias soportan en solitario unha carga de coidados que debería ser asumida polo sistema público.
A falta de financiamento suficiente, as longas listas de espera, a escaseza de persoal e a progresiva privatización de servizos están a deteriorar a calidade da atención e a poñer en risco a dignidade de moitas persoas dependentes e das súas familias.
A Plataforma Emerxencia Dependencia nace precisamente para visibilizar esta realidade e para impulsar unha resposta social e política que garanta:
Máis investimento público no sistema de dependencia
Máis persoal e mellores condicións laborais no sector dos coidados
Redución das listas de espera
Servizos públicos de calidade que garantan unha atención digna e universal
DendePodemos Vigoqueremos expresar o noso apoio a esta iniciativa cidadá que pon no centro algo fundamental para calquera sociedade xusta: o dereito aos coidados.
Defender os coidados como un dereito implica construír un sistema público forte que garanta a dignidade das persoas dependentes, das súas familias e tamén das traballadoras e traballadores que sosteñen cada día este sector esencial.
Por iso animamos á cidadanía viguesa a participar nesta presentación e a implicarse na defensa dun modelo de coidados baseado na solidariedade, na xustiza social e na responsabilidade pública.
Información do acto:
📍 IES Politécnico de Vigo, rúa Conde de Torrecedeira 88
A Atención Primaria en Vigo e na súa área sanitaria leva anos sufrindo un deterioro progresivo que xa ten consecuencias directas na vida contiá da cidadanía. Conseguir cita no centro de saúde, ter tempo suficiente co médico ou atopar profesionais dispoñibles converteuse nun problema habitual para moitas persoas.
O malestar do persoal e usuarias é un síntoma máis dunha situación que as propias plataformas en defensa da Sanidade Pública levan tempo denunciando como límite.Falamos de sobrecarga asistencial, falta de persoal, exceso de burocracia e ausencia dunha planificación real para garantir unha atención sanitaria pública de calidade.
Esta crise non apareceu de repente. Durante anos, a Atención Primaria foi perdendo recursos e capacidade resolutiva. Hoxe moitos médicos e médicas teñen axendas saturadas, con máis pacientes dos recomendables, e unhas condicións laborais que dificultan a estabilidade do persoal e a chegada de novos profesionais ao sistema público.
En Vigo e na súa área sanitaria esta realidade tamén se nota nos centros de saúde e nos puntos de atención continuada, onde a presión asistencial é cada vez maior e os recursos non medran ao mesmo ritmo que as necesidades da poboación.
A Atención Primaria é a porta de entrada ao sistema sanitario público e unha peza clave para garantir a igualdade no acceso á saúde. Sen un reforzo real de persoal, recursos e planificación, o sistema segue camiñando cara a un modelo cada vez máis saturado e con peor atención para a cidadanía.
DesdePodemos Vigodefendemos unha Atención Primaria forte, con máis profesionais, menos burocracia e tempos de consulta dignos para pacientes e sanitarios. A saúde pública non pode seguir sendo o elo débil do sistema sanitario. É hora de reforzala e poñela no centro das políticas públicas.
Ecocidio. A necesidade de protexer o planeta desde o dereito internacional
A crise ecolóxica planetaria converteuse nun dos maiores desafíos do noso tempo. A destrución de ecosistemas, a contaminación masiva, a perda acelerada de biodiversidade e o agravamento da crise climática mostran que os mecanismos actuais de protección ambiental resultan insuficientes fronte a determinadas actividades humanas que provocan danos de enorme magnitude. Neste contexto xorde con forza unha proposta xurídica e política cada vez máis apoiada a nivel internacional. O recoñecemento do ecocidio como delito no dereito penal internacional.
A iniciativa mundial STOP Ecocidio Internacional expón precisamente ese obxectivo. Conseguir que os danos máis graves contra o medioambiente poidan ser perseguidos penalmente a escala global. Da mesma forma que hoxe o dereito internacional contempla crimes como o xenocidio, os crimes de guerra ou os crimes de lesa humanidade, esta proposta busca que tamén se recoñeza a destrución masiva da natureza como un crime contra a comunidade internacional.
Segundo a definición proposta por un panel internacional de expertos xuristas, o ecocidio entenderíase como calquera acto ilícito ou arbitrario labor a propósito de que existe unha probabilidade substancial de causar danos graves, extensos ou duradeiros ao medioambiente. Esta definición pretende delimitar con precisión os casos nos que a destrución ambiental alcanza un nivel tan elevado que debe ser considerada un crime internacional.
Para comprender o alcance deste concepto é importante deterse nalgúns dos seus elementos. Consideraríase arbitrario o acto temerario que ignora danos claramente excesivos en relación coa suposta vantaxe social ou económica prevista. O dano grave sería aquel que provoca cambios moi adversos, perturbacións importantes ou danos notorios en calquera elemento do medioambiente, incluíndo efectos serios para a vida humana ou para os recursos naturais, culturais ou económicos.
Pola súa banda, o carácter extenso do dano refírese a aquel que supera unha zona xeográfica limitada, que pode traspasar fronteiras estatais ou afectar a ecosistemas completos, especies enteiras ou a un gran número de persoas. Finalmente, o dano duradeiro sería aquel que resulta irreversible ou que non pode repararse mediante a súa rexeneración natural nun prazo razoable.
A proposta tamén define o medioambiente nun sentido amplo. Inclúe a Terra e todos os seus sistemas naturais, como a biosfera, a criosfera, a litosfera, a hidrosfera e a atmosfera, así como o espazo ultraterrestre. Esta visión reflicte unha comprensión integral do planeta como un sistema interconectado cuxa alteración pode ter consecuencias globais.
A incorporación do ecocidio ao dereito penal internacional tería importantes implicacións. En primeiro lugar permitiría perseguir penalmente a quen tome decisións que provoquen danos ambientais masivos, especialmente cando se realizan con pleno coñecemento das súas consecuencias. En segundo lugar xeraría un efecto disuasorio fronte a actividades que hoxe en moito casos quedan impunes ou reciben sancións insuficientes en comparación co dano causado.
Ademais supoñería un avance significativo no recoñecemento de que a protección da natureza non é unicamente unha cuestión ética ou política, senón tamén unha obrigación xurídica internacional. Nun mundo cada vez máis interdependente, a destrución de ecosistemas non afecta só a un territorio concreto senón que pode ter consecuencias para toda a humanidade.
Desde Vigo, unha cidade profundamente vencellada ao mar e á contorna natural que a rodea, esta reflexión resulta especialmente relevante. A defensa do medioambiente non é só unha cuestión ecolóxica. Tamén é unha cuestión social, económica e cultural que afecta directamente ao noso presente e ao noso futuro.
Recoñecer o ecocidio como delito internacional significaría afirmar que a destrución grave da natureza non pode quedar impune. Tamén supoñería dar un paso histórico cara a unha xustiza ambiental global capaz de protexer o planeta e garantir o dereito das xeracións futuras a vivir nunha Terra habitable.
Galicia amence hoxe coa memoria ardendo baixo a pel da súa historia. As loitas, que un día escacharon o silencio, transformaron unha multitude dispersa nunha clase traballadora consciente de si mesma, capaz de erguer a cabeza e falar con voz propia fronte ás inxustizas. O Día da Clase Obreira Galega non é unha evocación melancólica nin un ritual de homenaxe e lembranza. É unha data de afirmación colectiva, unha xornada de loita baseada na realidade presente e unha advertencia baseada nas arelas dunha maioría social que quere conquistar o futuro, porque cada dereito conquistado polas traballadoras e traballadores continúa hoxe baixo presión, cuestionado por novas formas de precariedade que cambian de faciana porén perseguen o mesmo obxectivo de sempre, dobrar a dignidade de quen vivimos do noso traballo.
A mocidade galega sofre esa presión con especial crueza. Encadea contratos temporais, salarios que non abondan para vivir, xornadas que devoran a vida privada e un horizonte de vivenda que se afasta coma unha utopía inalcanzábel, todo iso nun escenario que non pode asumirse como normal.A precariedade non é unha lei da natureza é unha arquitectura social deseñada para concentrar beneficios en poucas mans mentres sementa incerteza entre a maioría da poboación. Cando un país empurra a súa xuventude cara á emigración ou á renuncia dos seus soños está a condenarse a si mesmo. A dignidade laboral non é unha quimera idealista, é a base imprescindíbel sobre a que se constrúe calquera sociedade moderna.
Ese dereito á dignidade tamén pertence aos colectivos LGTBIQA+eás persoas trans que continúan loitando contra a discriminación laboral e a violencia simbólica e material que pretende disciplinar as súas vidas. A diversidade non é un adorno cosmolingüístico nin unha etiqueta de consumo cultural é unha realidade humana que debe traducirse en protección efectiva, oportunidades iguais e espazos libres de odio e discriminación. Ningunha clase traballadora pode ser forte se parte dela permanece sometida ao medo, ao insulto ou á invisibilidade.
O mesmo ocorre coas persoas inmigrantes que sosteñen sectores enteiros da economía galega mentres padecen contractos inxustos, salarios inferiores e un racismo estrutural que tenta mantelas nunha posición subalterna. As mans que coidan, recollen, constrúen e producen son as mesmas que moitas veces non teñen recoñecemento nin dereitos garantidos. A clase traballadora non se entende sen elas. A solidariedade non é só un principio ético é unha ferramenta política que permite tecer comunidade alí onde o sistema intenta sementar división.
Todos estes sectores comparten unha mesma fronteira invisíbel que os separa do poder real. Un poder que hoxe se reorganiza ao redor dun novo ciclo militarista. O chamado Plan de Rearmamento Europa 2030 avanza como un proxecto que promete seguridade pero que alimenta unha lóxica de confrontación global. O imperialismo muta mais non desaparece e o militarismo preséntase como un motor económico que pretende lexitimar a industria de guerra á conta dos recursos públicos que deberían garantir vivenda, saúde, educación e emprego digno. Cando o continente europeo aposta polo armamento en lugar de centrar as súas enerxías en construír unha paz xusta converte á cidadanía en espectadora dun xogo que non escolleu pero do que pagará as consecuencias.
Por iso o Día da Clase Obreira Galega serve tamén para lembrar que a loita polo traballo digno está entrelazada coa loita contra todas as formas de dominación. A explotación laboral, a discriminación de xénero e identidade sexual, a xenofobia, o racismo, a persecución da disidencia sexual e o militarismo comparten unha mesma raíz que é a concentración do poder e a deshumanización das maiorías sociais. A resposta non pode ser fragmentada nin timorata necesita da valentía colectivaque nace cando os sectores subalternos recoñecen que teñen unha historia común e unha forza máis grande do que lles fixeron crer.
Este 10 de marzo non se celebra só unha data. Afírmase unha memoria de resistencia, unha vontade de futuro e unha certeza simple e profunda. Nada é inevitábel cando un pobo decide organizarse e dicer abonda. A clase obreira galega sabeo porque o aprendeu nas fábricas, nos estaleiros, no mar, no agro, nas aulas, nos hospitais e en todos os espazos onde a vida se sostén. Hoxe esa voz volve erguerse para lembrar que a dignidade non se mendiga senón que se conquista.
Hoxe martes 10 de marzo Podemos Vigovolve situarse do lado da clase obreira galega cunha presenza activa nas rúas e cun discurso firme en defensa dos dereitos laborais e sociais.A nosa participación procura reforzar a unidade fronte á precariedade e ao avance do militarismo que ameaza o benestar común.
O 8M en Vigo foi unha trincheira aberta nas rúas! Milleiros de mulleres enchemos de rebeldía a cidade de Vigo nunha manifestación unitaria que fixo tremer os cimentos do patriarcado. Convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, berramos ben alto que a nosa resposta ao avance da ultradereita é clara: “Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminista”.
A manifestación foi un auténtico escenario de mobilización masiva. Milleiros de mulleres tomamos as rúas nunha marcha unitaria que fixo vibrar a cidade e deixou claro que o feminismo continúa a ser unha forza social decisiva. A manifestación avanzou cunha mensaxe contundente fronte ao avance da extrema dereita: “Fronte ao medo e ao fascismo, a resistencia é feminista”.
A participación foi transversal e diversa, e a atmosfera, de firme determinación. As asistentes advertiron de que non permitirán retrocesos nos dereitos conquistados. Mentres sectores reaccionarios apostan polo discurso do odio e pola restrición de liberdades, o movemento feminista reivindicouse como un valado de contención democrático fronte ao fascismo e como garante da igualdade. As rúas enchéronse de consignas, pancartas e reivindicacións que evidenciaron que a loita pola igualdade continúa a ser global, colectiva e incesante.
A organización da marcha insistiu nunha idea central: o feminismo non é só unha reivindicación política, senón unha cuestión de supervivencia.Un instrumento para frear o autoritarismo e construír sociedades máis xustas. Entre as organizacións presentes, Podemos Vigosituouse na primeira liña da mobilización, reivindicando o papel da militancia de base e a necesidade de manter viva a presión social.
A xornada deixou unha imaxe clara: o movemento feminista segue a ser unha das principais expresións de mobilización cidadá en Galicia. E, como repetiron moitas das participantes, a loita continuará hoxe, mañá e sempre, até que a igualdade sexa unha realidade plena.
Este 8 de marzo volvemos a encher as rúas de Vigo porque o fascismo non pasará, nós pararemos á ultradereita. Mentres eles queren recortar os nosos dereitos, borrar a memoria e impoñer o medo, o feminismo é a nosa trincheira.
🔴 Contra as súas guerras, os nosos coidados.
🔴 Contra os seus discursos de odio, a nosa sororidade.
🔴 Contra os seus recortes, a nosa organización.
🔴 Contra o fascismo, máis dereitos!
🗓 8 DE MARZO de 2026
⏱️ 18.00 H
📍 Praza dos Cabalos (Vigo)
‼️ Marea violeta contra a ultradereita ‼️
👉 Porque sen feminismo non hai democracia.
👉 Porque o feminismo de Vigo será o valado para parar ao fascismo.
Onte, martes 3 de marzo de 2026, Podemos Vigo participou activamente na manifestación celebrada en Vigo en defensa da paz, a democracia e os dereitos humanos.
Saímos á rúa xunto máis de cincuenta colectivos sociais e máis de 1500 persoas comprometidas coa paz, o antiimperialismo e o antifascismo. Mobilizámonos para dicir non ao fascismo, non á guerra e non á vulneración do Dereito Internacional. Defendemos a soberanía dos pobos e unha paz con xustiza, baseada no respecto aos dereitos humanos e na solidariedade internacional.
Apoiamos a causa do pobo palestino e denunciamos a impunidade, o rearmamento, o militarismo e a normalización da violencia como ferramenta política. Fronte ao odio e a barbarie, respondemos con mobilización democrática e compromiso social.
Vigo volveu demostrar que é unha cidade solidaria e consciente. Desde Podemos Vigo seguiremos traballando nas institucións e na rúa por máis dereitos, máis democracia e un futuro de paz.